No mes de decembro do ano 1979, un magnífico exemplar de cisne cantor (Cygnus cygnus) fixo acto de presenza na lagoa de Vixán, engalanando ca súa beleza esta xa de por sí fermosa contorna natural.
Seguir lendo “Fai 45 anos da visita dun cisne”O parque natural e a lagoa de Vixán
O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, situado no estremo sur oeste da península do Barbanza, abrangue 996,25 hectáreas e ven a ser un dos enclaves naturais máis valiosos de Galicia. Declarado parque natural o 5 de xuño do 1992, un ano despois os seus espazos húmidos foron incluídos na Convención Internacional de Ramsar.
Seguir lendo “O parque natural e a lagoa de Vixán”Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán
Un artigo publicado en novembro do ano 2010 na revista especializada Quercus, realizado polo investigador e biólogo valenciano Manuel Polo Aparisi, presentaba o resumo dun estudo que confirmaba algo que xa se intuía dende facía algún tempo: a perda de biodiversidade na lagoa de Vixán.
Seguir lendo “Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán”