Topónimos singulares e distintivos

Partindo novamente da excelente obra publicada no ano 2022 polo autor Fernando Cabeza Quiles, titulada Toponimia de Ribeira, presentamos a continuación unha análise sobre a posible orixe dalgúns topónimos singulares da parroquia de San Paio de Carreira. Estes nomes, presentes desde tempos inmemoriais, destacan pola súa excepcionalidade, sendo practicamente únicos non só no ámbito da xeografía española, senón posiblemente tamén a nivel mundial.

Seguir lendo “Topónimos singulares e distintivos”

Cruces de pedra

A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación na parroquia de Carreira con tres elementos situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio. A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo, sen capeliñas, é dicir, a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.

Seguir lendo “Cruces de pedra”

Os muíños do rego do Vilar

No ano 1753, o Catastro de Ensenada rexistraba nesta parroquia dezaseis muíños fariñeiros de cubo con dezasete moas negras. Poucos anos despois construíronse dous máis, sumando un total de dezaoito. Estes muíños hidráulicos, característicos da zona dende o século XVII ca introdución do millo gordo procedente de América, proliferaron debido ó illamento da parroquia, que obrigaba ós veciños a autoabastecerse de fariña ante a falla de mercados e de recursos económicos.

Seguir lendo “Os muíños do rego do Vilar”

Un pioneiro na divulgación do patrimonio

Domingo Regueira González foi un precursor na divulgación da prehistoria e arqueoloxía na comarca da Barbanza. Dende moi novo, amosou un profundo interese polo coñecemento e a investigación de xacementos arqueolóxicos esquecidos da nosa terra, unha labor que quedou reflectida nas pequenas pero imprescindibles obras que publicou nos anos oitenta do pasado século.

Seguir lendo “Un pioneiro na divulgación do patrimonio”

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑