Nunha contorna privilexiada, a carón da lagoa e con impresionantes vistas ó bravo océano Atlántico, naceu e creceu Ramón Lestayo, máis coñecido no seu Vixán natal como Ramón de Emilia. Este escenario natural cheo de vida marcou os seus primeiros anos, nos cales desenvolvería unha paixón que definiría a súa vida: a música.
Seguir lendo “Unha vida entre acordes e ritmos”D. Manuel de Acuña y Malvar (II)
Tal día coma hoxe, un sábado de fai 180 anos, falecía na súa granxa de La Soledad, D. Manuel Ignacio de Acuña y Malvar, quen fora cura párroco de San Paio de Carreira dende o ano 1789 ata o 1792, crego este o cal deixou unha profunda pegada nesta terra.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (II)”Dornas en América
Fai uns meses, xa falamos neste blog de Luis Fco. Crujeiras Millet, veciño de Vixán afincado nos Estados Unidos de América, destacado pola súa habilidade e dedicación como construtor profesional de maquetas artesanais de embarcacións. As súa precisas e detalladas recreacións náuticas atópanse expostas en diversos museos de toda Galicia, onde reciben o recoñecemento e admiración de expertos e visitantes.
Seguir lendo “Dornas en América”Cruces de pedra
A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación na parroquia de Carreira con tres elementos situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio. A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo, sen capeliñas, é dicir, a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.
Seguir lendo “Cruces de pedra”A voz que conquistou Galicia
Manuel Blanco Fernández, coñecido artisticamente como Manolito el Pescador, naceu no ano 1946 no lugar de Deán Grande, en Ribeira, no seo dunha familia humilde, e xa dende moi novo a vida púxolle obstáculos no seu camiño, pois perdeu ó seu pai cando apenas tiña un ano. Practicamente ó pouco de nacer a súa familia trasladouse a Carreira, parroquia onde Manuel pasaría a súa infancia e xuventude, e onde sendo mozo, se dedicou a pescar co seu abuelo materno nunha pequena dorna dende o porto de Aguiño.
Seguir lendo “A voz que conquistou Galicia”O derradeiro mestre da forxa
Nun artigo de José Manuel Pena publicado na sección Barbanza da Voz de Galicia fai 40 anos, podíamos ver a quen foi o derradeiro artesán profesional do ferro que houbo na parroquia de Carreira, José Filgueira Parada, coñecido popularmente como José o Ferreiro.
Seguir lendo “O derradeiro mestre da forxa”D. Manuel de Acuña y Malvar (I)
Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen dúbida, pode considerarse o persoeiro máis relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acuña y Malvar. Nomeado cura párroco desta freguesía no ano 1789, permaneceu á fronte da mesma durante tan só catro escasos anos, ata o 1792. Porén, o impacto da súa obra foi tal que a súa pegada perdura ata os nosos días, malia continuar sendo unha figura amplamente descoñecida entre os habitantes de Carreira e as súa contorna.
Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (I)”Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán
Un artigo publicado en novembro do ano 2010 na revista especializada Quercus, realizado polo investigador e biólogo valenciano Manuel Polo Aparisi, presentaba o resumo dun estudo que confirmaba algo que xa se intuía dende facía algún tempo: a perda de biodiversidade na lagoa de Vixán.
Seguir lendo “Perda de biodiversidade na lagoa de Vixán”Un pioneiro na divulgación do patrimonio
Domingo Regueira González foi un precursor na divulgación da prehistoria e arqueoloxía na comarca da Barbanza. Dende moi novo, amosou un profundo interese polo coñecemento e a investigación de xacementos arqueolóxicos esquecidos da nosa terra, unha labor que quedou reflectida nas pequenas pero imprescindibles obras que publicou nos anos oitenta do pasado século.
Seguir lendo “Un pioneiro na divulgación do patrimonio”San Paio Mártir; un exemplo de valentía
Hoxe, día de tódolos Santos, publicamos aqui a historia do santo patrón de Carreira. A tradición popular contanos que San Paio, nado como Pelagio (Pelagius), naceu arredor do ano 911 na parroquia de Albeos, no actual concello de Crecente.
Seguir lendo “San Paio Mártir; un exemplo de valentía”D. Alfredo Saralegui visita o Pósito
Hai un século, tal día coma hoxe, un grupo de mariñeiros da parroquia de Carreira fundaba o Pósito de Pescadores co obxectivo de defender os seus intereses económicos e sociais, ó igual que estaban facendo moitos mariñeiros doutros puntos do país nos últimos anos.
Seguir lendo “D. Alfredo Saralegui visita o Pósito”Música feita en Carreira
Nas festas parroquiais do ano 1980 e 1981, o grupo local de música pop-rock Petoucos a Rebolos fixo as súas primeiras e únicas actuacións en directo. Pouco despois, e tras varios trocos de persoal por mor de obrigas profesionais e persoais, o grupo mudou de nome pasando a chamarse Desorden.
Seguir lendo “Música feita en Carreira”Unha ollada atrás en imaxes
Unha das persoas que máis e mellor rexistro gráfico teñen feito da nosa bisbarra é sen dúbida algunha Antonio Parada Mariño, Tucho para quenes mellor o coñecemos.
Seguir lendo “Unha ollada atrás en imaxes”Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor
O día 7 de decembro do ano 1941 a Historia mudou para sempre, pois ese día a Armada Imperial Xaponesa “Nippon Kaigun” atacou por sorpresa á frota norteamericana fondeada na base naval hawaiana de Pearl Harbor, provocando a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. O resto desta historia xa a coñecemos…
Seguir lendo “Testemuña directa do ataque a Pearl Harbor”Daniel Bravo Cores, historiador
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, este ilustre carreiran nado no ano 1955, é un dos historiadores que mellor coñece o pasado recente da nosa comarca, pois as súas obras, artigos e investigacións así nolo confirman.
Seguir lendo “Daniel Bravo Cores, historiador”Galician woodcraft made in U.S.A.
Luís Fco. Crujeiras Millet, veciño de Carreira orixinario do lugar de Vixán, estivo embarcado en varios pesqueiros do cerco de Aguiño cando era xoven; Xouba, Xurel, Hnos. Irarramendi… descubrindo de primeira man o mundo do mar e máis o das distintas embarcacións de pesca tan abundantes daquela nos portos das nosas rías.
Seguir lendo “Galician woodcraft made in U.S.A.”Courage et Devouement
Na tarde do luns 27 de maio do ano 1895, un mariñeiro de Carreira, Juan José Romano, estaba faenando na súa dorna Juana preto dos baixos de Corrubedo, entre as pedras dos Cobos e A Praguiña, cando un grande barco de pasaxe e carga, o vapor francés Dom Pedro (na imaxe superior), pasando por ese mesmo lugar e cunha mar en calma, encallóu nas rochas dos baixos e de seguido comezou a afundirse.
Seguir lendo “Courage et Devouement”Mapa de Acuña Malvar do 1790
Don Manuel de Acuña y Malvar, cura párroco de San Paio de Carreira do 1789 ó 1792, tivo unha curta pero intensa andadura mentres estivo exercendo nesta parroquia, e moito máis ó longo da súa emocionante e complicada vida.
Seguir lendo “Mapa de Acuña Malvar do 1790”Don Mathías Pérez Rincón
No ano 1777 chegou para dirixir a parroquia de San Paio de Carreira un cura granadino, avogado da Real Chancillería, e que se chamaba Mathías Pérez Rincón.
Seguir lendo “Don Mathías Pérez Rincón”Petoucos a Rebolos
A partires dunhas guitarras españolas de pouca calidade, catro acordes, unhas sencillas cancións e moitas gañas e ilusións, un grupo de chavales de Carreira, tiveron na música a súa opción máis importante de diversión.
Seguir lendo “Petoucos a Rebolos”