A creación da parroquia de Castiñeiras

No século XX, a freguesía de San Paio de Carreira perdeu unha grande parte da súa ampla extensión, a cal estaba demarcada polos apeos de lindeiros establecidos na Alta Idade Media. Esta redución territorial derivou na creación de dúas novas entidades parroquiais: Nosa Señora do Carme de Aguiño e o Bo Pastor de Castiñeiras. Xa tratamos nun capítulo anterior a creación da parroquia de Aguiño, acontecida no ano 1959; neste capítulo abordaremos a creación de Castiñeiras como parroquia de seu, acontecida no ano 1967.

Seguir lendo “A creación da parroquia de Castiñeiras”

Directriz arcebispal secreta

Orde do Cardeal Arcebispo de Compostela, D. José María Martín de Herrera, enviada polo cura párroco de Carreira D. Felipe Augusto Rivera (daquela Arcipreste de Postmarcos de Abaixo), ó seu homólogo de San Pedro de Muro, sobre as comidas de precepto, onde se establecen unha serie de regras ca intención de evitar críticas ou escándalos entre os fieis e asegurar a disciplina nas prácticas relixiosas.

Seguir lendo “Directriz arcebispal secreta”

O cura Vilacova e o cobro das oblatas

Don Manuel Antonio Vilacova García, cura párroco de carreira dende o 1849 ata o 1884, chegou á parroquia no mes de outubro do ano 1847 exercendo de ecónomo, e así estivo ata o ano 1849 no cal pasou a dirixir a mesma. Era natural da parroquia de San Xoán de Ortoño, en Ames. Mentres foi ecónomo viveu no lugar do Outeiro, e cando pasou a párroco arranxou reitoral de Sampaio para irse vivir alí.

Seguir lendo “O cura Vilacova e o cobro das oblatas”

Cruces de pedra

A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación na parroquia de Carreira con tres elementos situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio. A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo, sen capeliñas, é dicir, a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.

Seguir lendo “Cruces de pedra”

D. Manuel de Acuña y Malvar (I)

Iniciamos neste blog unha serie de artigos adicados a unha figura que, sen dúbida, pode considerarse o persoeiro máis relevante na historia da parroquia de San Paio de Carreira; Don Manuel de Acuña y Malvar. Nomeado cura párroco desta freguesía no ano 1789, permaneceu á fronte da mesma durante tan só catro escasos anos, ata o 1792. Porén, o impacto da súa obra foi tal que a súa pegada perdura ata os nosos días, malia continuar sendo unha figura amplamente descoñecida entre os habitantes de Carreira e as súa contorna.

Seguir lendo “D. Manuel de Acuña y Malvar (I)”

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑