Sobre este blog

Este blog nace como unha extensión da páxina nai www.carreira.info, e a inviabilidade técnica de poder seguir actualizándoa a un formato máis práctico e moderno, acorde cos novos navegadores e tecnoloxías web.

É un sitio web de difusión cultural sen ánimo de lucro, o cal pretende dar a entender e comprobar de primeira man, a esencia da Internet orixinal, accesible a todo o mundo, gratuito, sen rexistros, sen publicidade, sen ventás emerxentes, sen cookies de rastrexo, sen plugins pesados e inútiles, sen multinacionais tecnolóxicas por medio ás que haxa que someterse aceptando ós seus criterios, sen censura; un lugar onde poder consultar e compartir información, un lugar que aporta ó usuario información seria, contrastada e amena.

A información que aparece publicada neste blog está fielmente documentada con datos reais, ben indicando a súa procedencia e autor, ou a correspondente fonte arquivística e documental, a cal para a maior parte dos artigos mencionados, pode ser consultada en liña ou presencialmente onde corresponda.

Os nomes e datos dos persoeiros de carácter non público aquí mencionados, trátase por tódolos medios de ter a autorización dos mesmos para que saian publicados e así evitar posibles malos entendidos. De tódolos xeitos, se alguén quer facer algún tipo de reclamación, pode facelo cubrindo o formulario correspondente indicando no mesmo os datos requeridos á solicitude, a cal será atendida ó máis axiña posible.

Son os artigos aqui publicados, unha información pública e coñecida, para uso e disfrute do lector, e difundida neste blog para evitar que caia no esquecemento e se perda para sempre.

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑