![]() |
|
A pior nova |
As autoridades |
Frases históricas |
Fotografías |
¡Vaia animalada! | |
¡¡ A MAREA NEGRA CHEGA A CARREIRA !!
|
AVISO: Se queres saber por qué non lle interesóu ó governo daquela que se investigara nada do afundimento do Prestige, preme aquí. |
Durante a noite do día 1 ó 2 de nadal do ano 2002, as costas da
parroquia de Carreira, tamén foron afectadas pola chegada
do fuel-oil procedente do naufraxio do petroleiro pirata Prestige,
feito que sucedeu duas semanas antes diante das costas de Cabo Corrubedo. ![]() A pasividade, falta de interés e profesionalidade, neglixencia i enganos das autoridades do Governo do Estado Español así como as da Xunta de Galicia e do Concello de Ribeira foron as responsables de que non se acadasen medidas previas, tratando de enganar os cidadáns e agachándolle información real do que estaba sucedendo, manipulando os medios de información. Cando reaccionaron xa era demasiado tarde. Só a coraxe e a forza para defender o seu medio de vida dos miles de mariñeiros desta terra poideron conter o avance da marea negra, que gracias a eles non entróu dentro das Rías desafiando as malas condicións meteorolóxicas sempre tan frecuentes na zona. ![]() Inda así, a costa do Parque Natural ca excepción das bocanas das lagoas do Carregal e Vixán quedóu toda contaminada e cuberta de fuel-oil acabando ca vida de centos de aves e oitras especies mariñas e da totalidade do marisco da zona, poñendo en perigo o medio de subsistencia de centos de familias e da biodiversidade da zona, provocando asimesmo unha toxicidade a longo prazo moi perigosa pra todo ser vivo en xeral, que terá moito que ver nos cambios da biodiversidade nun futuro non moi lonxano. |
![]() ¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡ |