|   A pior nova  | As autoridades  | Frases históricas  | Fotografías  | ¡Vaia animalada!  |


ASI QUEDARON AS COUSAS ( Decembro 2003 )

Por fin o día 16 de novembro do 2003 comezábase a retirar a barreira de area que se fixo pra impedir a entrada de chapapote na lagoa de Vixán. Retransmitida en directo pola TVG e ca presencia do Conselleiro de Medio Ambiente. Unha barreira construida a tempo, xa que o fuel do Prestige quedóu mesmo a carón dela, evitando así unha catástrofe maior. Inda así, podemos ver hoxe en día que o mar limpóu caseque por completo as rochas onde máis baten as ondas, pero as rochas da parte outa das praias están aínda cheas de "piche", algo que a natureza tardará en degradar de doce a dezaséis anos aproximadamente, ca axuda das choivas e dos temporais (se os hai).

Praia de Anquieiro   Praia de Anquieiro   Desembocadura lagoa de Vixán
Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán
Praia de Anquieiro   Praia de Anquieiro   Laxa da lagoa


ASI ESTABAN AS COUSAS ( Xuño 2003 )

Despóis ¡¡¡ dunha semana !!! traballando os equipos de limpeza na costa do parque natural, dende a praia de Anquieiro até a piscifactoría de Stolt Sea Farm, podemos ver como quedóu definitivamente a limpeza das rochas. Non se esmeraron moito na laboura, xa que se aprecian manchas de "piche" por todo como vemos nas fotos que hai a continuación. Tamén observamos a beleza da desembocadura da lagoa de Vixán (sen comentarios). Desgraciadamente teremos que acostumarnos a ver iste panorama por moitos anos, até que a natureza degrade por completo o fuel empastado nas rochas.

Praia de Anquieiro   Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán
Praia do Porto de Baixo   O Pedregal   O Pedregal
Praia de Anquieiro   Praia de Anquieiro   Praia do Porto de Baixo


MANIFESTACION MADRID  ( 23 Febreiro 2003 )

Tres meses despóis da catástrofe, outra marea, pero esta vez humana, acudeu a manifestarse á capital do Estado Español. A protesta estaba encamiñada a amosalo malestar xeral do pobo galego cos políticos que xestionaron a crise provocada pola marea negra así como a pedir responsabilidades políticas i esixir solucións reais, e non proxectos irreais coma o anunciado Plan Galicia.

Paseo do Prado   Rúa Alcalá   Bastantes Llon - Praza de Cibeles   Porta do Sol
Paseo do Prado   Rúa Alcalá   Praza de Cibeles   Rúa Alcalá
Alcalá - Gran Vía   Porta do Sol   Bastantes Llon - Paseo do Prado   Paseo do Prado


    Ler o manifesto de NUNCA MAIS   (PDF - 13 kb)


ASI ESTABAN AS COUSAS ( Febreiro 2003 )

A traxedia da marea negra extendeuse por tódolo complexo das dunas de Olveira e incluso traspasóu as barreiras feitas a drede pra evitar que o fuel entrara na lagoa do Carregal. Dous meses despois da catástrofe, o fuel segue a cubrir por completo as pedras da beira do mar do Parque inda que as praias esten un pouco máis limpas superficialmente. A merda chega a tódolos cornechos do Parque Natural.

Desembocadura lagoa do Carregal   Desembocadura lagoa do Carregal   Desembocadura lagoa do Carregal   Desembocadura lagoa do Carregal
O Pedregal   Desembocadura lagoa do Carregal   O Pedregal   Praia do Vilar
Praia das Dornas   Praia do Vilar   O Pedregal   O Pedregal


ASI ESTABAN AS COUSAS ( Decembro 2002 )

Nestas fotos, podense apreciar os efectos da marea negra provocada pola incompetencia das autoridades correspondentes lideradas por Fco. Alvarez Cascos, Ministro de Fomento, o non saber dirixir unha operación de salvamento dun barco pirata cargado de fuel-oil que foi danado por un temporal. As fotos correspondense o tramo de costa que vai dende a praia de Anquieiro até o límite sur do Parque Natural, así coma a construcción dunha barreira de area na desembocadura da lagoa de Vixán.

O Pedregal   Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán
Desembocadura lagoa de Vixán   Desembocadura lagoa de Vixán   O Pedregal   Desembocadura lagoa de Vixán
Praia das Dornas   Praia das Dornas   O Pedregal   Praia do Porto de Baixo

Nota do autor : desgraciadamente estas fotos non están truncadas; son reais.


¡NUNCA MÁIS! Pola seguridade dos transportes marítimos e pola loita anticontaminación dos nosos mares, pra evitar que bandas de piratas, mafiosos, maleantes e políticos se enchan de cartos a conta de destruir o noso ecosistema mariño e que destruan o hábitat das especies que alí habitan así coma o medio de vida de miles de familias humildes, poñamos tódalas nosas forzas e protestemos con tódolos medios que teñamos.

¡¡¡ REMATEMOS CON ESTES DEXENERADOS QUE NOS DESTRUEN O PLANETA ¡¡¡