·  Ver en Castellano  ·

CRS Asistencia Informatica





   · Condicións xerais de uso deste sitio web

Don Fco. Javier Crugeiras Sampedro (DE AGORA EN DIANTE, O PROPIETARIO), con enderezo a efectos de notificacións en Lg. Lixó, 7D - 15993 Oleiros (Ribeira - A Coruña), pon a disposición no seu sitio web crsai.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web do PROPIETARIO por parte dos USUARIOS que acedan ó mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ó USUARIO no sitio web crsai.com en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a traveso da Internet e poida atoparse plenamente informado.

O aceso ó sitio web do PROPIETARIO implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprometese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei, e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- O sitio web do PROPIETARIO foi realizado co obxecto de poñer a disposición de terceiros información sobre as súas actividades, e poder contactar co mesmo para solicitar información adicional. Todo o sitio web ten carácter de balde. Os servizos e productos ós que se poida aceder a traveso do sitio web, rexeranse no seu caso polas condicións xerais e particulares que o responsable dos mesmos estableza, pois estes servizos son ofrecidos por terceiros alleos ó PROPIETARIO.

SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACESO E USO

2.1.- A utilización do sitio web do PROPIETARIO, non conleva a obligatoriedade de inscrición do USUARIO. As condicións de aceso e uso do presente sitio web rexense estrictamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos tódolos actos que vulneren la legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, proteción de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente o PROPIETARIO prohíbe os seguintes:

2.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a traveso do mesmo por diferentes medios, calquera tipo de dano ós sistemas do PROPIETARIO ou a terceiros.

2.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de xeito encuberto, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes ca finalidade de bloquear servidores da rede ("mail bombing")

2.2.- O PROPIETARIO, poderá interromper en calquera intre o aceso ó seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

TERCEIRA.- CONTIDOS. Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluidos por:

3.1.- O PROPIETARIO utilizando fontes internas e externas de tal xeito que o PROPIETARIO únicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

3.2.- O PROPIETARIO reservase o dereito a modificar en calquera intre os contidos existentes no seu sitio web.

O PROPIETARIO non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que figuren en crsai.com. Ademáis a traveso do sitio web do PROPIETARIO póñense a dispor do usuario servizos de balde e de pago ofrecidos por terceiros alleos e que se rexeran polas condicións particulares de cada un deles. O PROPIETARIO non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exento de todo tipo de responsabilidade polos danos e perxuicios que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos

CUARTA.- RESPONSABILIDADE.

4.1.- O PROPIETARIO en ningún caso será responsable de:

4.1.1.- Os fallos e incidencias que puideran producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de xeito que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.

4.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.

4.1.3.- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a traveso de ligazóns ou links. Asemade, Don Fco. Javier Crugeiras Sampedro colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no mesmo intre en que teña coñecemento de que os danos ocasionados constitúen calquera tipo de actividade ilegal.

4.2.- O PROPIETARIO reservase o dereito a suspender o aceso sen aviso previo de xeito discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puideran producirse. Asemade, o PROPIETARIO colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no mesmo intre en que teña coñecemento de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilegal.

QUINTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.

O sitio web do PROPIETARIO - os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos agás consentimento expreso do PROPIETARIO. Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios a traveso dos medios que se poñen a súa disposición no sitio web son propiedade do usuario que afirma ó envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ó PROPIETARIO.

SEXTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE.

As presentes condicións xerais rexense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflicto que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ribeira (A Coruña) renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

SÉTIMA.- No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demáis cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O PROPIETARIO poderá non exercitar algun dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia ós mesmos agás recoñecemento expreso por parte do PROPIETARIO.


   Copyright © 2006 - CRS Asistencia Informática. Reservados tódolos dereitos.




Copyright © 2006 CRS Asistencia Informática CRS Asistencia Informática. Deseño e desenrolo .