En CRS Asistencia Informática reparamos toda clase de equipos informáticos, dende o máis sinxelo computador persoal
ata unha potente estación de traballo ou servidor. Somos especialistas en computadores con arquitectura tipo PC,
inda que tamén botamos man de portátiles e de máquinas doutros tipos.
Tentamos facer o traballo no menor tempo posible; e se podemos, nun prazo máximo de 12 horas a súa máquina estará reparada.
Procuramos salvar tódolos datos posibles do disco duro e evitar a súa perda no caso dunha infección por
malware ou dun dano
irreparable no sistema operativo ou no hardware da máquina. Asemade informámoslle de que facemos a maior parte das
reparacións a domicilio sen custo adicional.
Se o desexa, tamén podemos botarlle unha man á hora de instalar algunha aplicación ou de configurar o seu servizo
de conexión a Internet.
Chámenos se ten o seu computador avariado, tentaremos ser os máis rápidos e eficaces á hora de solucionarlle
os problemas da súa máquina.
· Protección de datos
Poñemos no seu coñecemento que, por mor do traballo a realizar nos seus equipos informáticos, ben na súa Empresa ou por
desprazamento ó taller para proceder á súa reparación, pode dar lugar ó aceso de información reservada ca
única finalidade de completar o seu correcto funcionamento.
A información á que se poida aceder, está protexida polo Segredo Profesional e en virtude da
Lei Orgánica 3/2018 de "Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD)", e será tratada ca máxima confidencialidade
de acordo ca protección e especificacións contidas en dita Lei e a súa normativa de desenrolo.
Infórmaselle tamén de que NON se utilizaran os seus datos para o envío de comunicacións comerciais non solicitadas sen
autorización do interesado, segundo o estipulado na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de
Comercio Electrónico (LSSICE).