Realizamos mantemento informático a empresas e profesionais. Estaremos atentos a calquera problema que teñan nos seus computadores,
intentando solucionalo no menor tempo posible para facer que o traballo non sexa interrompido por unha avaría.
Estamos ó seu dispor a traveso do teléfono móbil +34 636 545 025 durante os días laborais de 09:00 a 15:00 horas,
ou do enderezo de correo electrónico .
As fins de semana e festivos tamén temos un servizo extraordinario de urxencias só dispoñible para as empresas e os profesionais.
Asemade, por medio dun contrato previo, podemos facerlle un mantemento regular das computadoras da súa empresa durante un ano
(e sempre renovable), que inclúe as reparacións das avarías tipo hardware así como unha revisión técnica e limpeza interna dos equipos.
Tamén facemos mantemento software, procurando evitar a intrusión de
malware con potentes ferramentas de desinfección e de protección.