Directriz arcebispal secreta

Orde do Cardeal Arcebispo de Compostela, D. José María Martín de Herrera, enviada polo cura párroco de Carreira D. Felipe Augusto Rivera (daquela Arcipreste de Postmarcos de Abaixo), ó seu homólogo de San Pedro de Muro, sobre as comidas de precepto, onde se establecen unha serie de regras ca intención de evitar críticas ou escándalos entre os fieis e asegurar a disciplina nas prácticas relixiosas.

Esta carta que transcribimos a continuación, datada no ano 1904, debe de ser comprendida dentro do seu contexto histórico, onde os hábitos sociais e relixiosos eran moi diferentes ós actuais. Nese entón, as comidas de precepto tiñan un simbolismo moi forte dentro da comunidade cristiana, e as normas sobre elas buscaban manter a orde e evitar posibles desordes ou malas interpretacións dentro da Igrexa.

Cardeal D. José María Martín de Herrera y de la Iglesia, Arcebispo de Compostela do ano 1889 ó 1922.

É fundamental que, ó ler este documento, o lector non caia na trampa da intolerancia ou do xuízo apresurado. A sociedade de fai máis de cen anos tiña normas e valores moi distintos ós que temos hoxe, e as súas preocupacións tiñan que ver ca mantención da moral e da disciplina nun contexto social e relixioso moi específico. A mirada contemporánea pode levarnos a malinterpretar ou xulgar estas prácticas dende a nosa óptica actual, que é ben diferente, pero iso non debe facernos perder de vista que cada tempo ten as súas propias realidades e complexidades.

Polo tanto, este documento debe ser lido e considerado dende unha perspectiva histórica, sen caer no risco de trasladar os nosos propios preconceptos ou inquedanzas actuais ás persoas e ás situacións do pasado. Non se trata de xulgar as actitudes ou costumes actuais a partir de realidades de hai máis dun século, senón de entender os valores e as preocupacións dunha época que, aínda que distante, forma parte da nosa Historia.

Recorte da directriz arcebispal. Ano 1904.


Texto da carta.

Sr. Cura Párroco de Muro:

El Sr. Cardenal Arzobispo de la Diócesis en circular reservada de 25 de enero ppe. me participa lo siguiente: “Estamos informados de que en el tiempo del cumplimiento Pascual hay con frecuencia entre los fieles quejas y murmuraciones de sus Párrocos con motivo de las comidas llamadas de Precepto, en las cuales toman parte a veces personas seglares, y se prolongan por mucho tiempo con abundancia de manjares, mientras gran parte de los feligreses apenas pueden alimentarse con una taza de caldo.

Queriendo Nós quitar todo pretexto de murmuración y escándalo, venimos en ordenar a nuestros amados cooperadores los Párrocos lo que sigue:

1º Las comidas de precepto no podrán durar más de dos horas incluso café, si le hubiere.

2º No habrá en ellas más platos que una sopa, un cocido, un principio y un postre. El vino será en moderada cantidad, y no se hará uso de licores.

3º A estas comidas no podrá ser invitado seglar alguno, aunque esté constituido en autoridad, y sea persona piadosa.

4º Durante la comida no se tratarán, bajo pretexto alguno, casos de conciencia.

5º Prohibimos en absoluto los juegos por inocentes que sean, y aunque no se juegue a interés en los días del precepto.

Sírvase V… comunicar su contenido a los tres Párrocos del Arciprestazgo, a quienes imponemos secreto y reserva acerca de estos mandatos”. = El Cardenal Arzobispo. =

Lo que tengo el honor de participar a V. para los efectos consiguientes.

Carreira, Febrero 16 de 1904.

Felipe A. Rivera

– Imaxe portada: Fachada do pazo arcebispal de Compostela. Ano 2010.

– Fonte: San Paio de Carreira. Documentación solta. Ano 1906.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑