O Centenariazo

O día 6 de marzo do ano 2002 pasou á Historia do fútbol nacional como o día do Centenariazo. Aquela tarde noite, o partido de fútbol correspondente á grande final do Campionato de España (Copa de S.M. O Rei), entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, tivo un desenlace inesperado, xa que o resultado final do mesmo decantouse a favor da escuadra galega por 2 goles a 1, cando todo parecía ir en contra do Deportivo.

O Real Madrid xogaba esta final na súa casa, o estadio Santiago Bernabéu, co cal o apoio da afección era moi superior ó dos seareiros galegos, ademais do grande ambiente que se vivía por ser ese o día no que o equipo blanco celebraba o seu primeiro século de vida, e que lle viña moi ben poder acadar este título, xa que sería un exitoso trunfo para poñer un broche de ouro a esta tempada de celebración. De feito, a RFEF co obxecto de homenaxear ó clube blanco acordou celebrar o encontro no seu icónico e lexendario estadio.

O plantel Deportivista celebrando o trunfo logo do partido.

Ó remate do encontro, a escuadra galega, logo dun partido moi disputado, acadou o trunfo, sendo este o seu segundo título de Copa, trofeo este que foi erguido polo capitan do Deportivo, Fran González, diante de 75 mil espectadores e das autoridades da época, entre elas o rei Juan Carlos I e o presidente da FIFA Joseph Blatter.

Portada do diario deportivo Marca, dando conta do resultado do partido. 07/03/2002.

Este grande xogador criado no lugar de Frións, saído da canteira do Carreira C.F. uns anos antes, chegou á Coruña para darlle ó equipo herculino os seus ata o de agora mellores momentos deportivos da súa Historia, como xa fixera uns anos antes o seu irmán Xosé Ramón, outra lenda do fútbol galego, quen tamén erguera o trofeo de campión de Copa na edición 1994-95. Algo que, sen dúbida algunha, debe de encher de orgullo a tódolos cidadáns de Carreira e de Galicia.

  • Quen o diría non?, un de Frións levantando a Copa do Rei!
  • Pois sí, por segunda vez.

– Agradecementos á Comunidade Deportivista de Internet.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Basado en WordPress traducido por egalego.com | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren

Subir ↑