Novas de actualidade
A parroquia de Carreira cumpre 850 anos.
· Carreira, 28/12/2009
Hoxe 28 de decembro, a parroquia de San Paio de Carreira, xunto cas cinco restantes antigas parroquias históricas que forman parte deste Concello,
cumpre 850 anos desde que fora creada segundo un documento datado o día 28 de decembro do ano 1159, e que fai referencia
a unha doazón por parte do daquela rei leonés Fernando II.
Carreira, Artes, Olveira, Palmeira, Oleiros e Ribeira están de aniversario - Corrubedo era anexa de Olveira -. Antes desa data,
as correspondentes parroquias pertencían á grande parroquia altomedieval de Postamaricos, que aparece reflexada no Paroquiale Suevorum
(Divisio Theodomiri), documento este que daba conta da estructura e división territorial do Reino de Galicia, e subscrito polo rei
galaico-suevo Teodomiro no ano 569.
A partires do século XII, Postamaricos transfórmase en arciprestado para dar paso ás actuais parroquias, as cales tiveron as súas únicas
modificacións logo da creación das de Aguiño ó segregarse de Carreira (1959), e Castiñeiras ó segregarse
de Carreira e Ribeira respectivamente (1967).
Entrevista a un carreiran ilustre.
· La Voz de Galicia, 06/12/2009
A edición de hoxe da Voz de Galicia, adica unhas liñas a entrevistar a Juan Manuel Pérez Río, Doctor en Historia de
América Latina pola universidade de Georgetown e na actualidade bibliotecario da Congress Library
de Washington D.C. na súa división Hispánica.
Autor tamén recentemente do libro «Los trabajadores gallegos en la construcción del canal de Panamá»,
editado polo Consello da Cultura Galega, Juan Manuel quizais sexa a persoa nacida en Carreira, que máis influenza acadou a nivel
internacional, algo recoñecido tamén pola Casa Real Española, de quen obtivo a medalla de Isabel a Católica no ano 2004.
![]()
Entrevista publicada na Voz de Galicia.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 120 kb).
Charla sobre o libro Historia de Carreira.
· Ribeira, 15/08/2009
O pasado venres día 14 ás 10 da noite, tivo lugar no local do Ateneo Valle Inclán, en Ribeira, unha charla sobre a historia de Carreira da man
do autor do libro do mesmo nome, Javier Crugeiras, e presentada por Daniel González, organizador do festival Galle Rock.
Logo desta presentación, tamén houbo unha charla sobre os petroglifos da Barbanza da man de Luís González, afamado coñecedor
deste tema así como do antigo Exipto. Numeroso público asisteu ó acto que estaba incluído dentro do marco do festival Galle
Rock, e que dende fai catro anos ven desenrolándose na nosa cidade, e que conta ademáis dos concertos musicais con
actos culturais sobre a historia do noso pobo.
Poden ver máis información nas seguintes ligazóns:
· Festival Galle Rock : www.gallerock.es.
· Ateneo valle Inclán : www.ateneovalleinclan.com.
· Bar Plaza : www.barplaza.com.



