Relación de párrocos de San Paio de Carreira
Na seguinte listaxe podemos ver os nomes dos curas párrocos de San Paio de Carreira dende mediados do século XV ata o ano 2000.
As datas dos direfentes anos como párrocos varían un pouco respecto ás da súa permanencia na parroquia, xa que algúns deles cesaron
como párrocos debido a enfermidades, idade, etc, e outros seguían exercendo como curas ecónomos ou coadxutores, facendo ás veces as
funcións de párrocos cando non había. Nalgunhas tempadas do século XIX chegaron a estar atendendo a parroquia ata dez membros da Igrexa ó mesmo tempo.
- ? 1452 ? D. Fernán Rodrígues de Las Naus
- ? 1580 ? D. Fernán Alonso Basante
- 1616 ? – 1624 Bachiller D. Juan de Cobrana
- 1624 – 1668 Licenciado D. Juan Martínez Vaamonde
- 1668 – 1688 D. Lorenzo Dono Taboada (1)
- 1689 – 1709 D. Marcos de Metola
- 1711 – 1721 D. Juan de Helguero (2)
- 1721 – 1745 D. Domingo Antonio Díez de Rivera
- 1745 – 1774 D. Manuel Facundo Bodero
- 1777 – 1785 Licenciado D. Mathías Pérez Rincón
- 1789 – 1792 Licenciado D. Manuel de Acuña y Malvar
- 1794 – 1809 D. Manuel Baquero y Malvar
- Xuño – outubro 1812 Dr. D. Mariano Gil Hernández
- 1812 – 1836 D. Joseph de Villaroel (3)
- 1837 – 1849 D. José María Carracido
- 1849 – 1884 D. Manuel Antonio Vilacova García
- 1886 – 1890 Licenciado D. José María Abeijón Searez
- 1890 – 1909 Licenciado D. Felipe Augusto Rivera Romero (4)
- 1909 – 1931 Licenciado D. Manuel Vázquez Lens (5)
- 1932 – 1940 D. Francisco Vara García
- 1940 – 1957 D. Ignacio Blanco Freire
- 1958 - 2000 D. Alejandro Bello García (6)
(1) Fundador no ano 1679 da capela e Confraría de San Roque da Granxa.
(2) Baixo o seu curato, no ano 1717 ampliouse a igrexa de Sampaio.
(3) Gran Ilustrado, autor de varias obras, entre elas o Diccionario Nomenclator de las ciudades y villas del Reyno de Galicia (1810).
(4) Sendo párroco, no ano 1896 tivo lugar o incendio da igrexa de Sampaio.
(5) Logo dunha boa acollida na parroquia nos primeiros anos do seu curato, foi violentamente expulsado polos fregueses no ano 1931.
(6) Foi o artífice da creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Aguiño.
A partires de novembro do ano 2000 e mentres non sexa nomeado un novo cura párroco propio para Carreira, queda como administrador parroquial de xeito provisional
o titular da veciña parroquia do Bo Pastor de Castiñeiras, D. Ricardo Villaverde Gondar.
