Historia de Carreira



Realizado entre os anos 2004 e 2007, en decembro deste último ano sae publicado o libro Historia de Carreira. A obra foi enteiramente escrita, deseñada, maquetada e supervisada por Javier Crugeiras (autor tamén deste sitio web), despois de moitas xornadas na procura de documentación en varias institucións do país, tales como o Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña), Arquivo Histórico Diocesan (Santiago de Compostela), Arquivo Histórico Universitario (Santiago de Compostela), Arquivo Municipal (Ribeira), ou o Archivo General de Simancas (Valladolid) entre outros.

O traballo de 141 páxinas en formato DIN A4, cunha encadernación de luxo e fotografías a toda cor, consta de varios capítulos entre os que salientan os seguintes:

Historia de Carreira   · Situación xeográfica da parroquia
  · Da Prehistoria á Idade Media
  · A Idade Moderna e o século XX
  · Párrocos destacados de San Paio de Carreira
  · Os templos da parroquia
  · As construccións tradicionais
  · Carreira no ano 1753
  · Memorias
  · Os textos históricos

A obra pois, abrangue todo o espazo histórico coñecido e afonda nos achados arqueolóxicos atopados no termo parroquial, castros, mámoas..., e segue ata o medievo ca transcrición dalguns documentos de interese, para rematar na época moderna onde se analiza o curato de diversos párrocos, a breve existencia do Concello Constitucional, e remata ca decadencia económica e social da parroquia. Tamén afonda no catastro de Ensenada, e fai un amplo repaso sobre as construccións tradicionais e os templos relixiosos. Todo elo remarcado con gráficos, táboas e fotografías antigas e actuais.

Compre suliñar que como broche de ouro, o libro ven cun limiar asinado polo Presidente da Real Academia Galega, o Excelentísimo Señor D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen acedeu moi amablemente a colaborar con esta valiosa aportación.

Comunidade de Montes de Carreira Tamén hai que destacar o apoio ofrecido pola Comunidade de Montes de Carreira, para conquerir que esta obra puidera ser editada, así como ás numerosas aportacións de material gráfico por parte de varios veciños desta parroquia.

Ata o de agora, o libro saiu en dúas edicións limitadas a 150 exemplares cada unha, con datas de decembro do 2007 e abril do 2008.


Datos da obra.

  · Título: Historia de Carreira
  · Autor: Fco. Javier Crugeiras Sampedro
  · I.S.B.N.: 978-84-8190-510-6
  · Dep. legal: VG-1314-2007
  · Editado por: Ediciones Cardeñoso. Vigo.


Bibliotecas.

As persoas que non puideron conquerir ningún exemplar desta preciada obra, e teñan interese por leela, poden consultala en calqueira das seguintes bibliotecas:

Historia de Carreira   · Biblioteca Municipal (Ribeira)
  · Ateneo Valle-Inclán (Ribeira)
  · Biblioteca do C.E.I.P. de Aguiño (Ribeira)
  · Biblioteca do C.E.I.P. de Frións (Carreira)
  · Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
  · Real Academia Galega (A Coruña)
  · Biblioteca Xeral Universitaria (Santiago de Compostela)
  · Biblioteca pública Anxel Casal (Santiago de Compostela)
  · Biblioteca da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
  · Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)
  · Biblioteca Nacional (Madrid)
  · The Congress Library (Washington D.C.)
  · The British Library (Londres)


Información en medios públicos.

Descargar arquivo en formato .pdf
   Nova na Voz de Galicia. 23/12/2007.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 56 kb).

Descargar arquivo en formato .pdf
   Nova en Certo, o xornal do Barbanza. Decembro 2007.
   Descargar o arquivo correspondente (PDF - 72 kb).



Historia de Carreira