Templos relixiosos da parroquia



Igrexa parroquial de Sampaio (S. XVIII).

Construída durante os anos 1712 e 1717 sendo cura párroco D. Juan de Helguero, a igrexa parroquial de Sampaio custou 36.378 Reales de Vellón daquela.

Igrexa parroquial de Sampaio É un templo de estilo barroco con forma de cruceiro. Edificouse enriba da anterior igrexa máis pequena de estilo románico que había no solar para poder dar acollida á crecente poboación da parroquia. Na súa construcción interviñeron mestres canteiros da aldea de Frións, amosando as súas dotes constructivas como xa fixeran noutros edificios similares da zona e máis nalgunha reforma da catedral de Santiago de Compostela...

Máis información...



Capela de Nosa Señora da Guía (S. XV).

É unha das máis famosas de toda a bisbarra, onde se festexa unha romaxe tódolos anos coincidindo co luns seguinte á Pascua de Pentecostes. Non se sabe certamente cando foi construída, pero hai documentación que acredita que no século XV existía unha pequena capela de pedra e madeira na toxeira onde está situada, fundada por unha orde de monxes mendicantes.

Capela da Guía No século XVI, o auxe do protestantismo en Europa fixo que en moitos sitios se tirasen as imaxes das Virxes e Santos ó mar, cos seus conseguintes achados por parte dos mariñeiros. Iso aconteceulle a un grupo de pescadores de Carreira, os cales atoparon unha imaxe da Virxe no mar, e levárona ó lugar chamado A Toxeira de Entrematos, onde hoxe se atopa o santuario que a garda...

Máis información...



Capela de San Roque da Granxa (S. XVII).

Hai antigos documentos parroquiais que confirman que xa no ano 1505 se lle rendía culto ó santo en cuestión nunha capela da que hoxe se descoñece a súa localización.

Capela de San Roque É no ano 1679 cando o párroco D. Lorenzo Dono Taboada, funda a capela de San Roque no lugar da Granxa e tamén a correspondente confraría adicada ó santo.

O edificio da actual capela foi reconstruído polos seus propietarios, a familia Correa, a comezos do século XX, despois de que estivese moitos anos abandonado, chegando incluso a quedar co tellado caído e o interior cheo de silveiras...

Máis información...