Lugares de interese nos arredores



Dunas do parque natural (Corrubedo - Ribeira).

Dunas do parque natural O parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Vixán e Carregal ten o seu máximo atractivo turístico no inmenso areeiro situado a carón da desembocadura da lagoa do Carregal. Posúe a duna móvil máis grande do noroeste peninsular con máis dun 1 km de longo, de 200 a 300 m de anchura e 20 m de altura na súa parte máis elevada.



Porto pesqueiro e faro (Corrubedo - Ribeira).

Faro de cabo Corrubedo Típico pobo mariñeiro de Galicia, cas casas amontoadas a carón dun pequeno porto. No veran soe haber un ambiente moi animado. Dende as inmediacións do seu famoso faro, podese contemplar en todo o seu esplendor o océano batendo contra a costa rochosa. Mellor nos días de temporal, inda que soe ser moi perigoso acercarse moito ás rochas.



Anta de Axeitos (Oleiros - Ribeira).

Anta de Axeitos Considerado por moitos como o "Partenón da arte megalítica", este monumento funerario é un dos mellor conservados e máis visitados de toda Galicia. Actualmente propiedade da Deputación da Coruña, no seu entorno construiuse unha área de ocio así como zonas de aparcamento e merendeiros.



Monte da Cidá (Carreira - Ribeira).

Monte da Cidá Neste monte atópanse os restos dun antigo asentamento castrexo e de varias "mámoas" (monumentos funerarios prehistóricos). Tamén hai un fermoso miradoiro asentado sobre unha grande rocha denominada "A pedra da ra", dende onde se poden contemplar unhas maravillosas vistas da entrada da ría de Arousa e do parque natural do complexo dunar de Corrubedo.



Peirao da Cobasa (Aguiño - Ribeira).

Peirao da Cobasa Está situado a medio kilómetro do actual porto pesqueiro de Aguiño. Inda que a súa definición sexa a de peirao fenicio, en realidade os investigadores non se poñen dacordo na súa orixe, pois nos seus arredores había antigamente un almacén de salgadura de peixe do século XVIII.



Porto pesqueiro (Ribeira).

Porto de Ribeira Primeiro porto pesqueiro do Estado por volume de capturas, o porto de Ribeira presume de ter unha das flotas máis modernas e mellor preparadas de Europa. No entorno deste porto podense contemplar dende as embarcacións máis tradicionais de baixura ata os pesqueiros que faenan nas augas do Indico, Gran Sol ou Atlántico Sur.



Praia das Furnas (Xuño - Porto do Son).

Praia das Furnas Mundialmente coñecidas por mor da película gañadora dun Oscar® "Mar Adentro", estas extranas formacións rochosas que separan a grande praia de Río Sieira (Caamaño) da de Xuño, ofrecennos un espectaculo de grande beleza, sobre de todo nos días nos que o mar bate con forza.



Castro de Baroña (Baroña - Porto do Son).

Castro de Baroña Quizáis sexa o castro marítimo mellor conservado de toda Galicia. Ten unha antiguidade de aproximadamente 2700 - 2500 anos. Descoberto nos anos trinta do século pasado e restaurado anos despois consta dunha muralla defensiva e dunhas vivendas dispostas en dúas alturas, todo elo nunha fermosa e pequena península a salvo de ataques externos.



Torre de Xunqueiras (O Xobre - A Pobra do Caramiñal).

Torre de Xunqueiras Monumento histórico-artístico dende o ano 1981, esta fortaleza foi construida arredor do século XII por orde de Fernán Martín de Xunqueiras como torre defensiva, inda que posteriormente construiuse o pazo cara o século XIV e conqueriu a forma que ten a dia de hoxe.
Actualmente a súa función é a de hotel restaurante.



Monte da Curota (Ribeira / A Pobra do Caramiñal).

Monte da Curota Enclave de grande beleza paisaxística, no máis alto deste monte de 514 metros de altitude, hai un mirador desde onde se poden contemplar unhas fermosas vistas da ría de Arousa cos seus polígonos de bateas. Nos días despexados podemos contemplar ó sur as Illas Cíes e Cabo Silleiro (Ría de Vigo), así como o Cabo de Fisterra polo norte.