Censos de poboación
Rexistro histórico do arquivo parroquial, 1624-1860.
Rexistro histórico de nacementos, defuncións e casamentos na parroquia de San Paio de Carreira dende o ano 1624 ata o ano 1860.
A partires do ano 1624 comézase a rexistrar por parte da Igrexa ós bautizados, casamentos e finados do termo parroquial, feito
que fai que cheguen ata día de hoxe os datos aquí mostrados. Os últimos cen anos inda están sen arquivar, motivo polo cal non
estan rexistrados nesta táboa. En cor vermello están os anos de maior mortandade.
Nacementos, defuncións, e casamentos en Carreira.
Descargar o arquivo correspondente (PDF - 184 Kb).
Evolución da poboación.
Nesta táboa podemos ver a evolución da poboación da parroquia en distintos anos dos últimos séculos, cun comentario respectivo ó seu carón.
Nela hai que ter en conta que durante o Antigo Réxime só estaban anotados como veciños os cabezas de familia, polo que para obter
o número de habitantes de feito habería que multiplicar este valor por unha media duns 4,3 membros.
Ano | Habitantes | Observacións |
1580 | 109 | Padrón dos Veciños (Ginés Galindo) |
1607 | 100 | Veciños (Jerónimo del Hoyo) |
1753 | 266 | Veciños (Catastro de Ensenada) |
1833 | 1421 | Concello Constitucional de Carreira |
1886 | 2080 | Datos dunha inspección escolar |
1931 | 3631 | Censo da Segunda República |
1940 | 4247 | Época de posguerra |
1950 | 4253 | Auxe económico da parroquia |
1959 | 4341 | Antes da segregación de Aguiño |
1974 | 2611 | Segregación de Castiñeiras |
2000 | 2374 | Censo do ano 2000 |
2006 | 2202 | Censo do ano 2005 |
Pirámide de idades, ano 2000.
Pirámide de idades da poboación do termo parroquial de San Paio de Carreira, actualizada con data de 22 de marzo do ano 2000. Nela están rexistrados tódolos habitantes da parroquia por idade e porcentaxe.
Homes | Mulleres | |||||
Idades | Nº | % | Nº | % | Total | % |
+ de 99 | 0 | 0,00 | 2 | 0,08 | 2 | 0,08 |
95 a 99 | 0 | 0,00 | 1 | 0,04 | 1 | 0,04 |
90 a 94 | 2 | 0,08 | 12 | 0,51 | 14 | 0,59 |
85 a 89 | 17 | 0,72 | 25 | 1,05 | 42 | 1,77 |
80 a 84 | 26 | 1,10 | 35 | 1,47 | 61 | 2,57 |
75 a 79 | 27 | 1,14 | 61 | 2,57 | 88 | 3,71 |
70 a 74 | 37 | 1,56 | 51 | 2,15 | 88 | 3,71 |
65 a 69 | 75 | 3,16 | 69 | 2,91 | 144 | 6,07 |
60 a 64 | 63 | 2,65 | 61 | 2,57 | 124 | 5,22 |
55 a 59 | 75 | 3,16 | 70 | 2,95 | 145 | 6,11 |
50 a 54 | 78 | 3,29 | 77 | 3,24 | 155 | 6,53 |
45 a 49 | 54 | 2,27 | 75 | 3,16 | 129 | 5,43 |
40 a 44 | 89 | 3,75 | 79 | 3,33 | 168 | 7,08 |
35 a 39 | 71 | 2,99 | 66 | 2,78 | 137 | 5,77 |
30 a 34 | 94 | 3,96 | 94 | 3,96 | 188 | 7,92 |
25 a 29 | 111 | 4,68 | 79 | 3,33 | 190 | 8,00 |
20 a 24 | 101 | 4,25 | 104 | 4,38 | 205 | 8,64 |
15 a 19 | 78 | 3,29 | 90 | 3,79 | 168 | 7,08 |
10 a 14 | 64 | 2,70 | 68 | 2,86 | 132 | 5,56 |
5 a 9 | 60 | 2,53 | 44 | 1,85 | 104 | 4,38 |
0 a 4 | 50 | 2,11 | 39 | 1,64 | 89 | 3,75 |
Totais | 1172 | 49,37 | 1202 | 50,63 | 2374 | 100,00 |