Información xeral do parque



Logo do parque natural


Información ó visitante.

O parque natural dispón de dous edificios de información, o denominado Casa da Costa, utilizado como centro de recepcion de visitantes, e máis o C.I.E.L.G.A. (Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia), no cal se pode observar unha serie de paneis sobre a vida nos ecosistemas mariños das nosas costas.

Asemade, o visitante tamén poderá aceder a paneis informativos espallados por tódolos cornechos do parque natural así como obter mediante conexión inalámbrica Bluetooth información de balde no seu teléfono móbil.

Tamén se poderá obter información deste espazo natural, na casa da cultura do Concello de Ribeira, ou chamando os teléfonos seguintes: 981 873 100 - 981 873 204.


Casa da Costa. Centro de recepción de visitantes do parque natural.

Casa da Costa Lg. O Vilar, s/n - 15967 Carreira
Ribeira - A Coruña
Teléfono: 981 878 532
Fax: 981 878 527

Horario de verán:
Tódolos días: De 10:00 a 20:00 horas.

Resto do ano:
Luns a sábado: De 10:00/13:30 e 16:00/19:00.



Actividades prohibidas nos terreos do parque natural.

· Introducción de especies animais ou vexetais que poidan asilvestrarse.
· Maltratar calqueira especie animal ou vexetal habitante do parque.
· Verquidos contaminantes nas augas e demáis terreos da zona.
· Verquidos de lixo, escombros e sólidos en xeral.
· Uso do lume sen autorización previa.
· Acampar fora das áreas destinadas a tal finalidade.
· Extracción de áridos ou calqueira outra actividade extractiva.
· Actividades cinexéticas ou de pesca en augas continentais.
· Actividades publicitarias de carácter comercial.
· Actividade urbanística ou comercial non acolleita ó P.O.R.N.
· Extracción ou alteración de calqueira obxeto arqueolóxico ou histórico.
· Aterraxe ou vó a baixa cota (agás casos de emerxencia).
· Uso de calqueira tipo de armas.
· Emprego de aparatos de alto volumen que perturben a tranquilidade do parque.
· Crear infraestructuras non contempladas no P.O.R.N.
· Circulación de medios motorizados e vehículos en xeral fora das estradas, pistas ou itinerarios permitidos.
· Tirar cartuchos, cabichas, latas, botellas, plásticos ou calqueira obxeto, así como abandonar calqueira artefacto.