Os cruceiros da parroquia
A tradición artesanal das cruces de pedra presente en toda Galicia, tamén ten a súa representación
na parroquia de Carreira con tres exemplares situados nos lugares do Cruceiro, Frións e Sampaio.
A característica común deles é que os tres son do tipo de crucifixo sen capeliñas, é dicir,
a forma máis sinxela e característica dun cruceiro.
Cristo dos Aflixidos (S. XVII).
O lugar de O Cruceiro situado no centro urbán da parroquia recibe o seu nome desta cruz;
o Cristo dos Aflixidos. Inda que orixinariamente data do século XVII, foi nos años sesenta
da pasada centuria cando se remodelou e adquiriu o aspecto que ten a día de hoxe presentando
un bo estado de conservación.
O Cristo que o preside está suxeito por tres cravos, presentando as mans abertas e a cabeza
botada para diante cunha coroa de espiñas...
Máis información...
Cruceiro de Frións (S. XVIII).
Outro expoñente desta tradición é o cruceiro de Frións, onde ademais da típica representación
de Cristo, aparecen imaxes da Virxe María e de varios anxos. Este exemplar data do século XVIII
e presenta un estado de conservación bastante danado polas condicións medio ambientais amais de
carecer de proteccións ó seu arredor.
O Cristo crucificado está sostido por tres cravos e inclina a súa cabeza con coroa de espiñas
cara á dereita, amosando as mans en posición aberta...
Máis información...
Cruceiro de Sampaio (S. XXI).
Situado a carón da igrexa parroquial, foi inaugurado o 20 de outubro do ano 2001 na
memoria do cura párroco D. Alejandro Bello García pola súa labor a prol da parroquia
durante os corenta e dous anos que estivo ó fronte da mesma, motivo polo cal esta cruz
chega a ter moito valor simbólico malia ser un cruceiro moderno.
O cruceiro é moi parecido ó de Frións, amosando as imaxes de Xesucristo e maila Virxe María,
inda que conten unhas pequenas variacións de deseño e resulta un pouco máis grande en altura...
Máis información...