Cristo dos Aflixidos



Orixinal do século XVII, remodelado no século XX.

Cristo dos Aflixidos O lugar de O Cruceiro situado no centro urbán da parroquia recibe o seu nome desta cruz; o Cristo dos Aflixidos. Inda que orixinariamente data do século XVII , foi nos años sesenta da pasada centuria cando se remodelou e adquiriu o aspecto que ten a día de hoxe presentando un bo estado de conservación.

O Cristo que o preside está suxeito por tres cravos, presentando as mans abertas e a cabeza botada para diante cunha coroa de espiñas. Asemade o seu pano de pureza está anoado á dereita. A altura desta cruz é relativamente pequena comparada con outras da zona.



Características constructivas:

· Plataforma cadrangular, cun muro particular moi feo pola súa parte traseira.
· Pedestal cadrado, e rematado en chafráns.
· Varal cadrado con chafráns.
· Capitel de forma cadrangular con molduras rectas e semicirculares.
· Cruz circular e decoración leñosa con nós.
· Anverso: Imaxe de Cristo crucificado.
· Reverso: Sen imaxe.
· Material de construcción: Granito.
· Conservación boa, inda que cun entorno bastante descoidado estéticamente.
· Placa con lenda: Cristo de los Afligidos.


Cristo dos Aflixidos