Templos relixiosos da parroquia
Igrexa parroquial de Sampaio (S. XVIII).
Construída durante os anos 1712 e 1717 sendo cura párroco D. Juan de Helguero, a igrexa parroquial
de Sampaio custou 36.378 Reales de Vellón daquela.
É un templo de estilo barroco con forma de cruceiro. Edificouse enriba da anterior igrexa máis pequena
de estilo románico que había no solar para poder dar acollida á crecente poboación da parroquia.
Na súa construcción interviñeron mestres canteiros da aldea de Frións, amosando as súas dotes constructivas
como xa fixeran noutros edificios similares da zona e máis nalgunha reforma da catedral de Santiago de Compostela...
Máis información...
Capela de Nosa Señora da Guía (S. XV).
É unha das máis famosas de toda a bisbarra, onde se festexa unha romaxe tódolos anos coincidindo co
luns seguinte á Pascua de Pentecostes. Non se sabe certamente cando foi construída, pero hai documentación
que acredita que no século XV existía unha pequena capela de pedra e madeira na toxeira onde está situada,
fundada por unha orde de monxes mendicantes.
No século XVI, o auxe do protestantismo en Europa fixo que en moitos sitios se tirasen as imaxes das
Virxes e Santos ó mar, cos seus conseguintes achados por parte dos mariñeiros.
Iso aconteceulle a un grupo de pescadores de Carreira, os cales atoparon unha imaxe da Virxe no mar,
e levárona ó lugar chamado A Toxeira de Entrematos, onde hoxe se atopa o santuario que a garda...
Máis información...
Capela de San Roque da Granxa (S. XVII).
Hai antigos documentos parroquiais que confirman que xa no ano 1505 se lle rendía culto
ó santo en cuestión nunha capela da que hoxe se descoñece a súa localización.
É no ano 1679 cando o párroco D. Lorenzo Dono Taboada, funda a capela de San Roque no lugar
da Granxa e tamén a correspondente confraría adicada ó santo.
O edificio da actual capela foi reconstruído polos seus propietarios, a familia Correa,
a comezos do século XX, despois de que estivese moitos anos abandonado, chegando incluso
a quedar co tellado caído e o interior cheo de silveiras...
Máis información...