Antigos muíños de auga da parroquia



No ano 1753, o catastro de Ensenada dicíanos que nesta parroquia había dezaseis muíños fariñeiros de cubo con dezasete moas negras. A día de hoxe, podemos atopar dous máis que se fixeron poucos anos despois da redacción dese documento, facendo un total de dezaoito.

Muíño de Inasia Este tipo de muíños hidráulicos espalláronse pola zona a partires do século XVII, coincidindo ca introducción do cultivo do millo gordo recén chegado de América. Por outra parte, compre dicir que o elevado número de muíños espallados por toda a parroquia débese sobre todo ó illamento da zona, o que obrigaba ós poboadores a procurar abastecerse de fariña, ante a falla de mercado e sobre todo de diñeiro para mercala.

Certamente hai que ter en conta que estas construccións, malia estaren a carón dos regatos soportando a batida das augas, a humidade, e traballaren arreo todos estes anos, inda se conservan en pé de xeito máis ou menos bo, o que ven a indicar que foron feitos a conciencia, e para durar moitas xeracións.

Muíño de Cochas
Os muíños atópanse no percorrido dos dous regatos máis longos e caudalosos da parroquia. Un deles é o chamado rego do Vilar (inda que tamén ten outras denominacións como río de Amendo ou arroio de Oín) e o outro é o chamado rego Paxariño (Río de Arxinde ou Faxinde, arroio da Filgueira, ou rego Pasarou...), denominacións que cambian segundo o lugar por onde pasa.



· Muíños do rego do Vilar.   Máis información...

· Muíños do rego Paxariño.   Máis información...


Tremiñado do muíño de Inasia