As praias do Vilar e Anquieiro



Bandeira Azul da Unión Europea.

Cunha lonxitude aproximada de 5,1 km; o conxunto formado polas praias da Ladeira, A Lagoa (ou praia da Ferreira), O Vilar e Anquieiro, convirten a este nunha das praias máis longas e fermosas de toda Galicia.

Praia do Vilar
Este areeiro ocupa a casi totalidade da costa do parque natural, dende a vila mariñeira de Corrubedo ata os pedregais do Porto de Baixo e Anquieiro, xa nos lindes ca parroquia de Aguiño. Inda que é unha praia axeitada para o baño, a súa costa aberta ó océano Atlántico, convirtea ás veces nunha praia moi brava onde hai que ter unha especial precaución á hora de bañarse nela.


Praia de Anquieiro Debido á limpeza dos seus areeiros e á calidade das súas augas constantemente renovadas, así como á construcción de servizos públicos complementarios, fixo que recibise no ano 1999 a bandeira azul da Unión Europea que a considera como unha praia de primeira orde.

Asemade compre suliñar a idoneidade desta praia á hora de practicar o surf ou o windsurf, demostrada polos numerosos afeccionados de media Europa que se achegan á mesma durante todo o ano para disfrutar da súa ondaxe. Pódese chegar a ela por tres acesos principais: o primeiro na entrada de Corrubedo; outro en Olveira, o cal conduce ás famosas dunas e desembocadura da lagoa do Carregal, e outro no Vilar (Carreira), sendo este o principal, dotado de amplos aparcamentos, restaurante, merendeiros, duchas, e servizo de vixiancia na tempada de verán, o cal ademáis de acceder á praia condúcenos ás instalacións do parque coñecidas como Casa da Costa (Centro de recibimento de visitantes), e C.I.E.L.G.A. (Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia).


Bandeira azul na praia do Vilar