Os muíños do rego do Vilar
Neste rego hai un total de trece muíños que foron feitos entre os séculos XVI e XVIII, e aparte dalgúns lixeiros
amaños feitos posteriormente, chegaron intactos ós nosos días.
Todos eles teñen as súas paredes en pé, inda que en moi malas condicións e a maioría sen tellados,
portas, ventás e sen moas, agás dous deles; o Muíño de Inasia e o Muíño de Cochas,
que foron restaurados no ano 2003 e que a día de hoxe funcionan correctamente pero só de xeito ocasional
cando se celebra algunha moenda tradicional.
A maioría deles deixaron de moer a mediados do século XX, logo da chegada dos muíños eléctricos,
máis pequenos, máis rápidos e moito máis cómodos, xa que permitían moer practicamente
sen saír da casa e inda que os ríos non tiveran auga.
Malia a chegada dos novos artefactos, algún deles como o muíño de Cochas inda estiveron activos ata os
anos oitenta do pasado século.