Cruceiro de Sampaio



Orixinal do século XXI.

Cruceiro de Sampaio Situado a carón da igrexa parroquial, foi inaugurado o 20 de outubro do ano 2001 na memoria do cura párroco D. Alejandro Bello García, pola súa labor a prol da parroquia durante os corenta e dous anos que estivo ó fronte da mesma, motivo polo cal esta cruz chega a ter moito valor simbólico malia ser un cruceiro moderno.

O cruceiro é moi parecido ó de Frións, amosando as imaxes de Xesucristo e maila Virxe María, inda que conten unhas pequenas variacións de deseño e resulta un pouco máis grande en altura.




Características constructivas:

· Plataforma cadrangular cas esquinas achafranadas en vertical.
· Pedestal cadrado con adorno achafranado semicircular cara ó centro do mesmo.
· Varal de grande altura de forma cadrada e con chafráns nas esquinas.
· Capitel cadrado con catro cabeciñas de senllos anxiños sen ás.
· Cruz circular leñosa con algúns nós e pergamiño ca lenda INRI.
· Anverso: Imaxe de Cristo crucificado con pano de pureza á dereita.
· Reverso: Virxe en actitude de recollemento e cunha cabeciña ós seus pés.
· Material de construcción: Granito.
· Conservación moi boa, dentro dun entorno coidado e axeitado.
· Lenda: A Don Alejandro Bello García. Os fregueses ó seu párroco. 1958-2000.


Cruceiro de Sampaio