Cruceiro de Frións



Orixinal do século XVIII.

Cruceiro de Frións Outro expoñente desta tradición cristiá é o cruceiro de Frións, onde ademais da típica representación de Cristo, aparecen imaxes da Virxe María e de varios anxos. Este exemplar data do século XVIII e presenta un estado de conservación bastante danado polas condicións medio ambientais amais de carecer de proteccións ó seu arredor.

O Cristo crucificado está sostido por tres cravos e inclina a súa cabeza con coroa de espiñas cara á dereita, amosando as mans en posición aberta. O seu pano de pureza está anoado á esquerda e no alto de todo hai un pergamiño ca inscrición INRI.



Características constructivas:

· Plataforma octogonal de tres graos pegada a un valado.
· Pedestal octogonal e rematado en chafráns.
· Varal octogonal, inda que comeza en cadrado.
· Capitel cilíndrico co astrágalo circular e catro cabezas de anxos con ás.
· Cruz octogonal con remates florenzados e un botón circular central.
· Anverso: Imaxe de Cristo crucificado.
· Reverso: Virxe en actitude de oración.
· Material de construcción: Granito.
· Conservación moi mala.
· Carece de placa con lenda.


Cruceiro de Frións